Vilalba lembrará a Antonio Fraguas cun gran musical

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

CEDIDA

O espectáculo representarase no Auditorio Municipal 

26 abr 2019 . Actualizado a las 18:43 h.

Amantes da Terra é o nome do espectáculo que se representará na capital chairega dentro das actividades de homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas. Unha banda, varias corais e outras agrupacións, ademais do Bruxo Queiman, son os protagonistas do musical. A concelleira Cheri Grandío amosouse onte confiada no éxito da iniciativa e na capacidade de conectar co público.

O espectáculo representarase no Auditorio Municipal o sábado 4, ás nove do serán, con entrada de balde.