Fin de semana de versos, mercados, maxia e a visita dos Bolechas

A provincia ofrece actividades variadas para esta ponte


A actividade cultural e de ocio ofrece numerosas alternativas pola provincia:

VILALBA

· Xoves 6, 17.00 horas, Auditorio Municipal Carmen Estévez. Os Bolechas ofrecen o espectáculo Terrícolas igualiños igualiñas, de balde, para público familiar e nenos de 4 a 8 anos. Trata os valores da Constitución.

· Domingo 9, 20.00 horas, Auditorio. Espectáculo Conxuro, do Mago Yunke. Entradas desde 12 euros.

OUTEIRO DE REI

· Sábado 8, 19.00 horas, Casa-Museo Manuel María. Longametraxe documental Vértice de versos, que repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. Coloquio posterior co director, Carlos Lorenzo. Entrada libre. Reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou 698 177 621.

CASTROVERDE

· O domingo 9, de 11.00 a 17.00 horas, III Mercado de Nadal, con artesanía, decoración e gastronomía. Haberá sorteo dunha cesta. Tamén estará a Asociación de Amigos do Patrimonio do Castroverde.

O BIERZO

· Xornadas gastronómicas da castaña de Parede nos bares e restaurantes das zonas de Trabadelo, Vega de Valcarce e Balboa, desde o xoves 6 ao domingo 9.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Fin de semana de versos, mercados, maxia e a visita dos Bolechas