«En octavo de EXB xa daba clases ós meus veciños para acadar cartos»

La Voz

VILALBA

02 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A organización dos Premios Educa Abanca publicará, o vindeiro mércores, os nomes dos finalistas a mellor profesor de España. Fina Paulos (Santa Marta de Babío, 1972) está nomeada na categoría de Formación Profesional.

-Gústalle ser profe?

-Siii. Teño a sorte de vivir do que me gusta.

-Sempre quixo adicarse a isto?

-Eu son da época da EXB. En octavo, xa daba clases particulares no verán aos veciños da miña vila para poder ir a excursión de fin de curso.

-Onde estudou?

-Fun ó colexio público de Bergondo Cruz do Sar [Onde todos a chamaban Pepa]. Na parada do bus chegamos a ser trece cativos. Eramos o sitio que mais xente levaba ao cole!

-E despois?

-Despois fixen bacharelato e COU en Betanzos e logo estudei FP de informática na Coruña, no Fernando Wirtz. Axiña empecei a traballar nunha academia e logo pagueime os estudos da UNED.

-Estudaba e traballaba?

-Si. Traballaba de día e de noite fixen a Enxeñería Técnica de informática pola UNED.

-Leva catro anos dando clase nun instituto de Vilalba pero reside en Oleiros (A Coruña). ¿Vai e ven a diario?

-Este ano somos catro compañeiros e compartimos coche. Lévanos 55 minutos, son uns 85 kiloómetros. Compénsame porque teño horario de mañá e podo estar coas miñas fillas pola tarde.

-Está no IES Lois Peña Novo.

-E moi a gusto. O ano pasado ofrecéronme ser a vicedirectora e aceptei.

-Terá comprada xa a lotería de Nadal, non si?

-Sii. [Risas] No centro que está enfronte tocoulles o ano pasado.

-No bar Cascudo de alí preto caeu o Gordo xa sabe...

-Paso todos os días por diante!