As  Irmandades da Fala, lembradas en Vilalba

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

VILALBA

PALACIOS

Unhas xornadas analizan o seu papel no centenario da súa asemblea 

16 nov 2018 . Actualizado a las 20:23 h.

As Irmandades da Fala son lembradas en Vilalba esta fin de semana. Unhas xornadas que organizan o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Consello da Cultura Galega lembra o traballo desa organización no centenario da súa asemblea. Esta tarde, tras a presentación, tivo lugar unha intervención do historiador Ramón Villares, que se centrou na figura do vilalbés Lois Peña Novo.

Os actos continúan o sábado, día no que ademais das conferencias e mesas redondas hai unha ofrenda floral en homenaxe aos fundadores do grupo vilalbés.