-¿Prevé promover algunha festa ou celebración similar?
-De momento, non, pero iremos falando, porque aínda se está asimilando este golpe de sorte. Polo que recordo, a explosión de xúbilo foi máis inmediata polo premio de 1976, pero tamén hai que dicir que aínda están empezando as reaccións. Tocoulle a moita xente, por exemplo aos profesores do Insua Bermúdez, porque o secretario comprou un montón de décimos e está moi repartido. Case todo o profesorado ten algún décimo. Por outro lado, o feito de que se vendera no Cascudo, bar e casa de comidas de referencia en San Xoán de Alba, seguramente fará que teñan tamén moitos veciños de parroquias próximas.