Homenaxe a Mini e Mero en Vilalba

Suso Pena

VILALBA

SUSO PENA

Numerosos amigos acompañaron a estas dúas figuras da música e a poesía galega

18 nov 2017 . Actualizado a las 21:14 h.

Música, poesía e literatura. Xermolos e a Irmandade Manuel María organizaron unha homenaxe a Mini e Mero que contou cunha multitudinaria asistencia. Os momentos máis especiais foron a interpretación polo gaiteiro Raúl Galego da Peza Mini e Mero e o recitado dun poema co nome dos homenaxeados por parte de Xoán Xosé Fernández. A xornada tamén contou coa presentación do libro: Mini e Mero: Labrando para sementar, do xornalista Xulio Xiz.