O Iescha crea en Vilalba un premio de narrativa co nome de Fernández Paz 

X.M.P. VILALBA

VILALBA

A primeira convocatoria terá lugar durante o ano que vén

01 oct 2016 . Actualizado a las 17:33 h.

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) vén de acordar a creación dun premio de narrativa que levará o nome de Agustín Fernández Paz, nado na vila e falecido en Vigo en xullo.  A primeira convocatoria terá lugar no 2017, aínda que a directiva da entidade prevé contactar antes co Concello vilalbés para acadar un compromiso de colaboración.

Fernández Paz conseguiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008. Aínda que morreu en xullo, no libro das festas de Vilalba (San Ramón e Santa María, que se celebran a finais de agosto e a principios de setembro) publicouse un texto que mandara antes. O Iescha salienta que Vilalba sempre estivo presente no seu labor.