Música e versos o venres en Vilalba para lembrar a Manuel María

X.M.P. VILALBA

VILALBA

O Iescha organiza unha nova edición do Día da Cultura Chairega

06 sep 2016 . Actualizado a las 14:26 h.

Cadansúa actuación da Banda de Música de Vilalba e da Coral Polifónica Vilalbesa e un recital poético baixo o título Lembrando a Manuel María son os  actos cos que o venres, en Vilalba (Auditorio Municipal, oito e media da tarde), se lembrará a Manuel María. O Instituto de Estudos Chairegos organiza unha nova edición do Día da Cultura Chairega, creado precisamente en homenaxe ao poeta de Outeiro de Rei. Directivos do Iescha (o presidente, Manuel Castro Santamariña, e a vicepresidenta, Marisa Barreiro) serán algúns dos participantes na lectura, que estará acompañada ao piano polo director do Conservatorio, Aurelio Fernández  Chao).

En anos anteriores, co gallo desta mesma xornada teñen actuado grupos como Milladoiro ou A Quenlla e ténense proxectado películas como «18 comidas»,. de Jorge Coira,