O Concello de Vilalba repartirá 4.000 euros en premios no Certame Literario

VILALBA

O concurso acada este ano as 42 edicións

18 may 2016 . Actualizado a las 13:17 h.

O Concello de Vilalba concederá, no Certame Literario que se convoca todos os anos para traballos en verso, 4.000 euros en premios: o gañador do primeiro recibirá 3.000, e o do segundo, 1.000. A iniciativa, cuxos premios se entregan coincidindo coas festas de San Ramón, acada xa as 42 edicións. A decisión do xurado, segundo comunicou hoxe o Concello, anunciarase o 22 de agosto.