Voluntarios e peregrinos a partes iguais

Os rapaces que participaron no obradoiro en Triacastela fixeron rutas de sendeirismo e labores sociais

Grupo de voluntarios que participaron este año en el campamento de verano del Camino de Santiago en Triacastela
Grupo de voluntarios que participaron este año en el campamento de verano del Camino de Santiago en Triacastela
S.V.

Cinco mozas e mozos de entre dezaoito e trinta anos remataron en Triacastela a que para algúns supón a súa primeira experiencia como integrantes dun campo de voluntariado. O programa, que leva por nome «Os Campos do Camiño», estivo organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e tivo unha duración de dez días, que chegaron onte ao seu fin. É a primeira vez que o concello de Triacastela acolle esta actividade, cuxos principais obxectivos van máis alá dun matiz lúdico e inclúen un compromiso social e medioambiental, todo baixo as estritas medidas de precaución e seguridade.

Normalmente este tipo de campamentos adoita xuntar en distintos puntos da xeografía española a decenas de participantes de todo o mundo para desenvolver labores comunitarias en prol da sociedade. Este ano, os campos de voluntariado nin sequera se levaron a cabo na maioría de rexións autonómicas, e as que si o fixeron, como Galicia, tiveron que adaptarse ás circunstancias. En vez de recibir a rapaces italianos, magrebís, daneses ou alemáns, este ano os seus lugares de orixe foron Lugo, A Coruña, Ferrol ou Pontevedra. Tampouco foron vinte, coma noutras ocasións, de feito máis da metade das prazas ofertadas quedaron vacantes e só cinco xoves se animaron a formar parte da programación. Iso si, todos eles chegaron «moi concienciados» e «con moitas ganas, tanto de axudar como de aprender», asegura Jorge Veiga, monitor que estivo a cargo do grupo durante estas dúas semanas.

«Os Campos do Camiño» enfocou boa parte dos seus movementos a secundar o despregamento do Camiño Francés ao seu paso pola vila de Triacastela. Así, cada mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas, a mocidade desenvolvía unha labor social canalizada por medio do respaldo, o apoio e a asistencia a peregrinos e camiñantes que transitaban esta ruta rumbo a Compostela. Achegábanlles información de interese, resolvían as súas dúbidas ou recomendábanlles visitas turísticas na zona, entre outras tarefas. Ademais, unha segunda liña de traballo estivo orientada ao ámbito medioambiental, contribuíndo na limpeza dos muros e da vexetación das distintas parroquias do municipio.

Un grupo comprometido

Non foron unhas vacacións, pero tampouco se resumiu todo en traballar. Polas tardes e durante as fins de semana, houbo tempo para coñecerse, así como para gozar do ocio e organizar actividades lúdicas.

Grupo de voluntarios que participaron este año en el campamento de verano del Camino de Santiago en Triacastela
Grupo de voluntarios que participaron este año en el campamento de verano del Camino de Santiago en Triacastela

Ademais de acudir con frecuencia ao río, para resgardarse da onda de calor que atizou Galicia estes días, e visitar algún dos pobos veciños, os participantes tiveron clara dende o inicio a ligazón do campo de voluntariado co Camiño de Santiago. «Non só querían axudar aos peregrinos, senón tamén facer algunha etapa e meterse na súa pel», destaca Jorge, que aplaude o compromiso que amosaron os cinco mozos.

Estaban aloxados no albergue A Horta de Abel, e completaron dúas das etapas do itinerario Francés: a que vai do Cebreiro a Triacastela, e a seguinte, que chega ata Samos. Non contentos con estas dúas andainas, fixeron tamén un par de rutas de sendeirismo e hoxe, antes de regresar de novo ás súas casas, visitarán a Cova Eirós, grazas á «disposición dos arqueólogos». 

Expectativas superadas

Aínda que foi un campo de voluntariado «estraño», no que os monitores, acostumados a traballar con grupos máis grandes, tiveron que adaptarse ás medidas de seguridade, o sabor de boca que deixou foi bo. «Din que superou todas as expectativas que traían, así que marchamos contentos e con ganas de repetir», conclúe Jorge Veiga.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

Voluntarios e peregrinos a partes iguais