Silvia Mondelo, guía turística en Sarria: «A figura de Matías López é o que máis fascina aos visitantes»

Uxía Carrera Fernández
UXÍA CARRERA SARRIA / LA VOZ

SARRIA

Silvia Mondelo, Guía Oficial de Turismo de Galicia que fai visitas por Sarria
Silvia Mondelo, Guía Oficial de Turismo de Galicia que fai visitas por Sarria CEDIDA

A sarria lanzou o primeiro proxecto que permite aos visitantes coñecer a historia e a esencia da vila

02 feb 2023 . Actualizado a las 12:45 h.

Coñecer Sarria de verdade é posible dende hai uns meses grazas a Silvia Mondelo. Por primeira vez, unha propia sarriá lanzou un proxecto de guías pola vila tanto para os peregrinos coma para os locais. O que esconde o pobo lucense foi un descubrimento ata para ela mesma. A Paraxe da Bolboreta é case a única actividade para os que visitan Sarria.

—Como xurdiu A Paraxe da Bolboreta?

—Sempre pensei en facer algo por min mesma. Levo moitos anos traballando no sector do turismo pero non me decidía. Na pandemia tiven que estar en ERTE e nese «tempo libre» que tiña comecei a pensar en algo que non me impedise volver ao traballo que tiña. Deille moitas voltas, pensei en algo na Ribeira Sacra ou en Lugo. Pero despois reflexionei en que son de Sarria e levo vivindo aquí toda a vida. Así que en vez de idear algo fóra, preferín amosar isto a xente que vén aquí. Coa cantidade de peregrinos de todos os anos, dame moita pena que pasen por aquí sen pena nin gloria, sen coñecer os nosos personaxes. 

—Que ensina nas visitas?

—Facemos recorridos polos principales puntos da vila. Tiven que documentarme, ler, ir a biblioteca e a verdade é que todo o mundo me axudou, déronme un montón de información. As visitas están enfocadas á xente que nos visita pero tamén para os de aquí. Eu descubrín un montón de cousas que non sabía. A figura de Matías López, por exemplo, fascinoume e creo que hai un descoñecemento total. Tamén a importancia do Mosteiro da Magdalena ou o que ten que ver con Alfonso IX.

—Que é o que máis lle sorprende á xente?

—Matías López chama moito a atención, fascínalles a súa loita polos dereitos dos traballadores, que partise de nada e chegase ao todo. A evolución que tivo Sarria durante a Idade Media ou que foramos unha vila real son historias que gustan moito. Tamén o tema do Camiño en xeral ou a Torre da Fortaleza. Para min é moi reconfortante poder ensinalo.

—Cando son as visitas?

—Traballo principalmente en temporada, de mediados de abril a outubro, aínda que agora tamén podo mirar de facelas. Son visitas diarias, de luns a sábado, nun horario que se me adapte ao outro traballo, a partir das seis ou as sete. A xente póde contactar conmigo por instagram en @aparaxedabolbotera ou no número 613 04 83 33.

—Como foi a acollida neste meses?

—Soprendeume gratamente. Non houbo tanto grupos estranxeiros ou grupos preparados, pero si pequenos visitantes que viñeron á vila. Despois comezaron a reconmendarme e veu máis xente. Tamén fixen actividades a través do Concello. Tódalas semanas fixen unha polo menos e tiven ata tres. O que me chamou a atención é que non solo me contactou xente de fóra senón tamén algúns que estaban facendo ruta polo sur da provincia e fixeron parada aquí. 

—Facía falta en Sarria unha oferta así?

—A verdade é que aquí en Sarria non hai actividades nin opcións para coñecer a vila. Si hai moita vida e eventos culturais, pero teñe xusto que coincidir que os visitantes pasen por aquí eses días. Eu despois das visitas volvo moi chea a casa, estou moi orgullosa de ser de Sarria e de ter a oportunidade de amosala.