Así se gastan mil euros nunha hora no comercio de Sarria

Lugo LA VOZ

SARRIA

Os premiados gastaron mil euros nunha hora no comercio de Sarria
Os premiados gastaron mil euros nunha hora no comercio de Sarria Cedida

Cristina Muñoz foi a clienta premiada pola campaña 60x1.000

06 ago 2022 . Actualizado a las 18:17 h.

Unha hora para gastar mil euros. Ese era o premio co que trinta establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria pechaban a campaña 60x1.000 que premiaba realizar as compras nos establecementos adheridos. A gañadora do sorteo foi Cristina Muñoz Rodríguez, que delegou na súa nai Julia e no seu cuñado Albert a responsabilidade de mercar contrarreloxo nos comercios sarrianos. Para facilitarlles a tarefa, a ACES puxo á súa disposición un coche antigo. O resultado foi que Julia e Albert gastaron os 998,01 euros en case 57 minutos, sobrándolles por tanto tres minutos sobre o tope establecido.

 Julia e Albert mercaron en dez dos trinta comercios adheridos. En primeiro lugar dirixíronse a zapatería Calzados Gayoso, onde mercaron dous pares de zapatillas deportivas. O segundo establecemento elexido foi Electronova, onde se fixeron cunha televisión e unha batidora. Posteriormente visitaron Los sueños de Uxía, onde mercaron dúas almofadas e unha botella para a nena da familia, e aproveitaron para pasar pola mercería Lucía para mercar un bañador.

Non faltou a parada no comercio que lles deu a sorte, a Brissa Salón, onde mercaron varios tratamentos estéticos. Tras unha nova viaxe, chegaron ata Moncho Moda, onde ás carreiras mercaron un polo e unhas chanclas; e continuaron pola Óptica Malecón, onde mercaron unhas gafas de sol.  Era o momento de mercar algo para o máis pequeno da familia, para o que se desplazaron ata a Juguetería y puericultura 1, 2, 3…escondite inglés, onde mercaron dous agasallos. Acudiron logo á zapatería Cris Abad para coller unhas zapatillas e deixaron para o final a Senayo onde levaron unha prenda de roupa.