Miguel Lago abre o 26 no Meigallo o ciclo de humor Sarria Sorrí

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

Miguel Lago abrirá o ciclo
Miguel Lago abrirá o ciclo

Algúns dos mellores cómicos do panorama nacional amenizarán as noites de verán da vila

04 jun 2021 . Actualizado a las 13:19 h.

Algúns dos mellores cómicos do panorama nacional volven a Sarria na segunda edición do ciclo de humor Sarria Sorrí. Este programa de verán levará a Sarria a artistas como Miguel Lago, Luis Piedrahita, JJ Vaquero, Álex Clavero ou Xosé A. Touriñán, entre outros. Comezará o 26 en O Meigallo, para rematar o 14 de agosto na Praza de Santa Mariña, e contará tamén con programa infantil. As entradas, que xa se poden adquirir, estarán dispoñibles para os shows por separado ou con varios tipos de abonos con descontos. Os puntos de venda son Ataquilla.com , etiquetanegra.org, no Estanco Gallego, O Meigallo ou o Casino.

· 26 de xuño, 21.30h, O Meigallo. Miguel Lago, «20 años faltando». Máis de 200.000 espectadores viron a Miguel Lago, un dos cómicos de moda, na Gran Vía madrileña cos seus dous últimos espectáculos. Con presenza diaria no programa de Risto Mejide, Todo es mentira, o seu humor acedo, sen complexos e xa coñecido polo pobo de Sarria, fará gozar aos seus fans.

· 23 de xullo, 21.30h, O Meigallo. Brais Doval e Oswaldo Digón. A mocidade de Brais Doval choca coa súa desenvoltura diante das cámaras. Colaborador e reporteiro do programa da TVG Malicia Noticias está chamado a ser o futuro do humor galego. Estará acompañado de Oswaldo Digón, un mozo veterano con centos de actuacións ás súas costas, e un dos cómicos mellor valorados na pasada edición do Sarria Sorrí.

· 8 de agosto, 21.00h, Campo de Rugby. David Amor, Xosé A. Touriñán, JJ Vaquero e Álex Clavero, «Lechazo á feira». O prato forte do festival, e un dos espectáculos de comedia máis exclusivos e difíciles de ver no panorama nacional. Única data no 2021. Con 100% de entradas vendidas en todas as súas actuacións, catro dos cómicos máis demandados da actualidade, xuntos nun escenario nunha historia desternillante e chea de sorpresas.

· 14 de agosto, 12.00h, Praza de Santa Mariña. Pedro Brandariz, «Contos e outras andrómenas». Espectáculo infantil de balde. Actor, monologuista, clown, cómico... Artista multidisciplinar, chega ao Sarria Sorrí para achegar o humor a toda a familia, nunha divertida sesión vermú.

· 14 de agosto, 21.00 horas, Praza de Santa Mariña. Luis Piedrahita, «Stand Up Comedy». O Sarria Sorrí remata ao grande. O polifacético cómico e mago coruñés non quería deixar pasar a oportunidade de levar a un sitio tan especial como a Praza de Santa Mariña os monólogos e as sorpresas que lle fixeron ser un dos mellores espectáculos do ano na esixente Gran Vía de Madrid.