Xela Arias, «aquela nena de Sarria», en Vilagarcía

La Voz

SARRIA

MONICA IRAGO

A exposición sobre a poetisa pode ollarse na casa da cultura da capital arousá

25 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición Aquela nena de Sarria, unha mostra sobre Xela Arias que promove o colectivo Egeria, recalou onte na casa de cultura de Vilagarcía. Composta por una ducia de paneis ilustrados con fotografías persoais e debuxos, relata a vida e a obra da poetisa á que se lle vén de dedicar o Día as Letras Galegas. Poderá ollarse ata o vindeiro sábado no andar baixo da biblioteca municipal .