Artistas, alumnos e mestres do Frei Luis de Sarria triunfan cun vídeo de homenaxe a Xela

Con música, coreografía e textos de creación propia, apostan por «crear contidos para compartir»

Alumnos do Frei Luis, gravando o vídeo de homenaxe a Xela Arias
Alumnos do Frei Luis, gravando o vídeo de homenaxe a Xela Arias

Lugo

Traballo en equipo e posta en valor da creatividade sarriá están detrás do proxecto que ideou o colexio público Frei Luis de Granada, de Sarria, con motivo da festa das Letras Galegas. Artistas, alumnos e mestres do centro educativo triunfan nas redes cun vídeo de homenaxe a Xela Arias, a escritora nacida en Sarria á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

«Querida Xela» nace coa filosofía de «crear para compartir», segundo explica Noemí Tallón, coordinadora de Dinamización da Lingua do CEIP Frei Luis. «La pandemia puso de manifiesto la importancia compartir», explica Tallón, de aí que o traballo deste ano sexa máis colaborativo ca nunca.

Todo o alumnado do centro —máis de 300 estudantes de primaria— e o profesorado se puxeron a investigar sobre a autora. O mestre José Manuel López Cabana, con numerosos premios de innovación educativa ás súas costas, compuxo a letra e a música; o artista plástico e tamén mestre Javier Toro deseñou a imaxe de Xela; o multiinstrumentista sarrián e ex alumno do Frei Luis, Abraham Cupeiro —tamén coordinador de Dinamización Lingüística no Conservatorio da Coruña—, toca o cárnix... e todo o proceso de rodaxe, edición, montaxe, coreografía... foi de creación propia.

Algunhas escenas foron gravadas en exterior, outras con filtros... e tendo como protagonistas lugares emblemáticos de Sarria, como a Torre da Fortaleza ou o propio río.

¿O resultado? Un éxito de visualizacións no blog do centro e en YouTube e un oco importante no programa das Letras Galegas; de feito, o vídeo vai ser colgado no Portal da Lingua Galega da Xunta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Artistas, alumnos e mestres do Frei Luis de Sarria triunfan cun vídeo de homenaxe a Xela