Comeza este sábado en Sarria o ciclo «Historias no Camiño»

A APSX Sagrado Corazón organiza un ciclo de humor con actuacións en Sarria, Lugo, Mondoñedo, Vilalba e Friol

Oswaldo Digón e Pepo Suevos participan nas Historias do Camiño
Oswaldo Digón e Pepo Suevos participan nas Historias do Camiño

lugo

A APSX Sagrado Corazón organiza o ciclo «Historias no Camiño» en cinco vilas por onde pasa o Camiño de Santiago. Sarria (este sábado 26 con Oswaldo Digón), Lugo (día 2 de outono con Pepo Suevos), Mondoñedo (día 4 con Pedro Brandariz), Vilalba (día 9 con Xan Veiga) e Friol (día 10 con Isabel Risco).

As actuacións serán ao aire libre sempre que a meteoroloxía o permita e de balde. Colabora o programa Iniciativa Xove da Xunta. A primeira cita será hoxe ás oito so serán no Malecón de Sarria, diante do Bar Pepe. En Lugo será no merendero Pulpalla (estrada de Portomarín, km.3) ás 20.00 horas, en Mondoñedo na praza ás 19.00 horas, en Vilalba no Montero ás 20 horas, e en Friol na praza Andón Cebreiro ás 18.00 horas.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

Comeza este sábado en Sarria o ciclo «Historias no Camiño»