Archivada la causa contra el patrimonio histórico a la exconcejala de Sarria

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

Imagen de archivo de los chalés de la urbanización de Cimo da Agra
Imagen de archivo de los chalés de la urbanización de Cimo da Agra ALBERTO LÓPEZ

El juzgado tampoco encontró pruebas de delito tras la investigación que se inició por las denuncias de vecinos sobre la venta de chalés en Cimo da Agra

01 ago 2020 . Actualizado a las 09:38 h.

Nueve años han pasado desde el comienzo del periplo judicial en el que se vio envuelta Patricia Castro Tejada, que había sido concejala de Sarria por el PP. El juzgado ha archivado ahora la última causa que le quedaba pendiente, declarando su sobreseimiento. De este modo, han quedado archivadas las acusaciones de los delitos de estafa, insolvencia punible y contra el patrimonio histórico.

En el último auto, emitido por el Juzgado de Sarria, se expone que no se han encontrado «elementos suficientes que acrediten la comisión del hecho típico y antijurídico que es objeto de investigación, sin que quede por tanto determinada ni su naturaleza ni la participación en los hechos. Por tanto, ante la inexistencia de elementos bastantes que corroboren la comisión del hecho, y el lapso temporal que han estado tramitándose las presentes diligencias sin obtener un resultado claro, procede el sobreseimiento y archivo de la presente causa».

Las acusaciones de delitos de insolvencia punible y estafa estaban ligadas a la venta de los chalés de la urbanización de Cimo da Agra, y partieron de las denuncias de algunos vecinos.

En cuanto al delito contra el patrimonio histórico, se refería a unas obras que Patricia Castro había realizado en su vivienda, en relación con el saneamiento. «Neste caso, foi Claudio Garrido quen realizou a denuncia publicamente, e tamén quedou arquivada», afirma la exconcejala sarriana.

En este sentido, Patricia Castro considera «moi chamativo» el hecho de que, en la actualidad, «gobernando Garrido e Escontrela en acompañamento, se realizase ese saneamento denunciado, cun contrato particular entre certos veciños e unha empresa construtora, obra que afecta a vial municipal...».

Patricia Castro: «A miña conciencia sempre estivo moi tranquila, pero sentinme xulgada publicamente desde o minuto un»

«A caixa pechouse. Só quero seguir medrando como persoa ao lado do meu marido e das miñas fillas, e a estas, educalas no respecto aos demais e a elas mesmas». Así fala Patricia Castro unha vez que concluíron, co seu arquivo, todas as causas que tiña pendentes por resolver no xulgado. Considera que o que sufriu desde o 2011 foi unha «caza de bruxas».

-Aliviada tras coñecer a decisión do xulgado?

-Aliviada estiven sempre. A miña conciencia sempre estivo moi tranquila, pero sentinme xulgada publicamente desde o minuto un. Chegou a haber manifestacións diante da miña casa, ameazas, insultos... ata se celebrou un pleno no concello. Fun xulgada continuamente, tanto eu coma o meu marido, sen ningún tipo de contemplación e sen apelar a ningún tipo de presunción de inocencia. Foi un ataque brutal cara a miña vida persoal. Incluso un veciño agrediu ao meu marido.

-Quedou desencantada do seu paso pola política?

-A min a política gústame, pero ten que ir dirixida ao beneficio do pobo, e non usala para derribar a un rival político, como quixeron facer comigo. Iso é un problema moi grande da política. Eu son unha persoa de corazón porque o concepto que teño da política é o que herdei de meu pai, totalmente distinto ao que vivín coa miña propia experiencia. Recordo plenos e intervencións políticas do meu pai e nunca vin un ataque tan brutal á vida persoal de ninguén. Eu son desas que cando teñen un cargo público soñan con cambiar todo o malo e convertelo no mellor para o pobo, un pobo no que me criei e ao que, ao igual que o meu pai, o único que pretendín foi aportarlle beneficios coa miña dedicación e traballo. Pero certo é que me ataron as mans ben atadas.

-Como viviu estes últimos anos?

-Foron anos moi duros... pero sempre estiven segura da miña inocencia e da dos meus, e a pesar do xuízo público que vivimos, pesaba máis a unión familiar que todo o veleno que as malas persoas teñen no seu interior. Agora síntome reconfortada, moi orgullosa do meu marido e da miña nai, que foron os auténticos prexudicados e sempre estiveron aí, dando a cara. E tamén estou agradecida ao meu avogado e á miña procuradora, José Antonio Sánchez del Valle e Ana María López Vila, que actuaron de maneira moi profesional e dilixente durante estes anos, cruzando a fronteira da profesionalidade á da amizade.