O ciclo de funcións teatrais de comedia Sarria Sorrí arranca o 18 de xullo

La Voz LUGO

SARRIA

Zona das piscinas do Chanto, en Sarria
Zona das piscinas do Chanto, en Sarria OSCAR CELA

Pasarán pola vila Leo Harlem, Eva Soriano e David Amor, entre outros

10 jul 2020 . Actualizado a las 20:25 h.

O ciclo de funcións teatrais de comedia Sarria Sorrí comezará o 18 de xullo e se extenderá ao 20 de agosto en emprazamentos clave do patrimonio da vila como a Praza de Santa Mariña ou o antiguo campo de rugby no Parque de O Chanto. Trátase dun evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes, organizado por Etiqueta Negra Producciones coa colaboración do Concello de Sarria e a Xunta, entre outras institucións e establecementos privados.

Este ciclo naceu, segundo os organizadores, coma unha aposta polo optimismo na entrada á nova normalidade tras o estado de alarma pola pandemia do covid-19. Esta será a súa estrea, pero xa ten previsión de continuidade nos vindeiros anos.

David Amor

A programación mestura grandes figuras da comedia nacional coma Leo Harlem, que ofrecerá en Sarria unha das súas poucas actuacións deste verán, ademais de Álex Clavero, Quique Matilla e Eva Soriano, así como artistas galegos que ofrecerán monólogos en galego coma David Amor, Oswaldo Digón, Alberte Montes e o cómico emerxente Pablo Meixe.

Ademais, o programa pretende contribuir á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico na comunidade, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago.

A iniciativa conta coa Xunta de Galicia, Galicia e Xacobeo 2021 coma entidades colaboradoras, asi como con patrocinadores privados coma O Meigallo, A Travesia Dos Soños, O Casino, O Mar de Plata, Tucán, Parisien e Dosmar, entre outros. Grazas a esas aportacións, segundo os organizadores, case tódolos espectáculos serán de balde, sendo igualmente precisa a reserva previa da entrada para controlar aforo.