O comercio de Sarria reparte 1.000 euros para gastar nunha hora

Lanzan a primeira campaña de dinamización tralo estado de alarma

A campaña comeza a funcionar o 6 de xullo
A campaña comeza a funcionar o 6 de xullo

Lugo

Os comerciantes de Sarria poñen en marcha a primeira campaña de dinamización trala declaración do estado de alarma con motivo da crise sanitaria polo covid-19. Trátase de «En 60 minutos 1.000 euros ? 60x1.000», que foi presentada esta semana na tenda Bicos de Fío (Calvo Sotelo, 127), a cargo de Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios-CCU de Sarria, e Pablo López, propietario do comercio.

A campaña consiste en premiar aos consumidores habituais do comercio da vila, que nestes momentos tan difíciles seguen apoiando ao comercio local.

O premio é de 1.000 euros, para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de sesenta minutos.

Fomentar o comercio local

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila dende o próximo luns día 6 ata 5 de agosto, é dicir, ao longo dun mes, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria. O sorteo terá lugar o día 5 de agosto ás 18.00 horas e o gañador deberá realizar ás súas compras o día 8.

Nesta campaña participan unha trintena de comercios: Ara Moda, Bicarelo, Bicos de Fío, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Juguetería 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Píkaros Story, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O comercio de Sarria reparte 1.000 euros para gastar nunha hora