A Federación Galega de Asociacións do Camiño dase a coñecer en Sarria

LA VOZ LUGO

SARRIA

CEDIDA

O organismo se reúne co alcalde para coñecer as demandas vencelladas á ruta peregrina

27 feb 2020 . Actualizado a las 14:00 h.

A Federación Galega de Asociacións do Camiño de Santiago (FEGAC) se reuniu onte co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, no que supuxo o primeiro encontro cos concellos para dar a coñecer o organismo recén creado e interesarse polos temas do Camiño que demanda cada municipio. 

No caso do Concello de Sarria, na reunión se trataron temas como o da Ponte Ribeira e O Muiño do Toleiro, así como diversas cuestións do día a día e as necesidades que demandas os peregrinos.

O alcalde mostrou á Federación a sua satisfación polo interés amosado e trasladoulles pola súa banda as súas inquedanzas polo Camiño ao seu paso por Sarria. Ambas partes coincidiron, por exemplo, na necesidade de abrir o paso da Ponte Ribeira, seis anos pechado. Na conversa tamén se tratou de mellorar todo o posible o paso do camiño pola localidad e a vontade de facer dela un lugar máis acolledor.