O cazador cazado

María L. Sández TRIBUNA

SARRIA

22 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai poucos días, unha muller de Sarria, alertada pola súa filla sobre unhas mensaxes que estaba a recibir, fíxose pasar por ela e desenmascarou os achegamentos dun home que intentaba obter imaxes sexuais da menor. A cuestión non chegou a máis nos xulgados, porque, polo visto, sendo a nai a que estaba interactuando con el, non pode considerarse que exista delito, por máis ca el pensase que era coa nena con quen se comunicaba.

Non deixa de ser interesante e suxestivo que, ese mesmo anonimato no que se amparan

algúns nas redes, acabe por volverse na súa contra, nin que aqueles que se agochan tras un avatar falso poidan rematar, na súa procura de sangue novo, contactando cun policía encuberto ou o ancián ocioso dun xeriátrico.

Mais a cousa non remata aquí. Na mesma localidade, en Sarria, producise outra interesante nova cando os participantes no Campionato Galego de Caza do Raposo se viron acosados e perseguidos polos numerosos animalistas que, desprazándose mesmo desde Toledo, os foron seguindo polos ontes coas súas protestas, facendo ruído para espantaren os animais. Quizais por iso, dos 85 exemplares que estaban autorizados a cazar, só se fixeron con 21 presas.

Sómosche unha especie ben contraditoria e curiosa! E máis aínda se temos en conta que estas novas conviviron coa tenrura do informático lucense que sacou sete cachorros da canceira para lles evitar o frío das instalacións durante o Nadal e xa atopou fogar para todos eles.

Todo, desde o máis sublime ao máis ruin, ten cabida na especie humana.