Tres días de actividades para celebrar a Noite Meiga

SARRIA

ALBERTO LÓPEZ

Festas en Sarria do 30 ao 1

28 ago 2019 . Actualizado a las 08:29 h.

Venres, sábado e domingo • Sarria • 

Sarria prepárase para unha fin de semana máxica coa celebración da XLIX Noite Meiga, que inclúe actividades durante tres días.

VENRES 30

Na terraza do Meigallo. Entrada de balde

· 19.30h. Títeres Cachirulo

· 21.30h. Malditos Roedores

· 23.00h. Taninos Maduros

SÁBADO 31

· 19.30h. Apertura da festa coa dirección de Vicky Pérez

· 20.00h. Pregón a cargo de Abraham Cupeiro

· 20.30h. Entrega de premios e recoñecementos

· 20.45h. Grupo de gaitas e grupos de danzas Garulaxe e Burbulliñas de Meigas e Trasgos

· 22.00h. Cea ofrecida por Josmaga. O menú custa 35 euros (10 euros no caso do menú infantil. Haberá mesa especial para nenas e nenos, con coidadoras durante a cea)

· 00.00h. Queimada popular no lar social de Meigas e Trasgos

· 1.00h. Danza da Noite Meiga

· 1.30h. Concerto e baile con Louband e Los Mecánicos

DOMINGO 1

Tardiña Meiga

· 12.00-14.00h. Taller «A procura do tesouro da Bruxa Piruxa», para nenas e nenos de 3 a 11 anos, a cargo de LogoBrain Becerreá. Custa 1 euro

· 14.00-17.00h. Festa da Empanada. Ración de empanada (Pallares), embutido (Teijeiro e Carballada), queixo (Quesería Sarriana) e auga (Fontecelta) por 5 euros. No lar social de Meigas e Trasgos

· 17.00h. Mago Lolo cun espectáculo infantil. Entrada de balde