Concertos, fogueiras e sardiñas na noite máis máxica do ano

O domingo haberá actos de San Xoán por toda a provincia

Pregón de las fiestas de San Xoán de Sarria
Pregón de las fiestas de San Xoán de Sarria

A provincia de Lugo vivirá o domingo 23 a noite máis máxica do ano, como marca a tradición, con música, fogueiras e sardiñas. En Lugo celébrase a Festa do Becerro ao Espeto na Piringalla, en Vilalba contarán co espectáculo Terras de Queimada, en Antas de Ulla ofrecerá un concerto especial a Banda e tamén Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre... E seguirán as festas en Sarria, Becerreá e Guitiriz, entre outros lugares.

LUGO

· As Gándaras. A Asociación de Veciños Gatos Roxos organiza, a partir das 20.00 horas, churrascada popular, sorteo de agasallos e fogueira

· Festa do Becerro ao Espeto, organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Isidro de A Piringalla, e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa. Praza Frai Xosé Gómez (A Piringalla). A partir das 20.30 horas. Repartirase carne a uns 3.500 comensais. Tamén haberá pementos, pan, cervexa, viño, refrescos e pizza. A orquestra Triunfo amenizará a festa, e haberá un sorteo de tres vales por valor de 350 euros. Ás 23.45 horas acenderán a fogueira.

SARRIA

· 10.00h. X Torneo internacional de fútbol de veteranos Vila de Sarria. Estadio Municipal de Ribela

· 13.00h. Sesión vermú con Malditos Roedores e varios grupos na Praza da Vila.

· 19.00h. Batucada Rúa da Música polas rúas de Sarria.

· 22.00h. XLIX Queimada Popular, con iscos e chourizos. Acendido da fogueira de San Xoán, no Campo da Feira.

· 22.00h. Actuacións de Os Eoas e Xosé Lois Romero & Aliboria. Campo da Feira.

· 00.00h. Verbena con París de Noia. Calvo Sotelo.

VILALBA

· 18.30h. Coral Mato Vizoso. Praza de San Xoán

· 19.00h. Teatro de Títeres Mircromina. Praza San Xoán

· 21.00h. Sardiñada: sardiñas, empanada, liscos, queixo de San Simón, pan, cervexa, viño e auga. Praza de Santa María

· 22.00h. Gran Espectáculo Terras de Queimada, co Bruxo Queimán, Samuel Soto e as Bruxas Peregrinas. Praza Santa María

· 23.00h. Pregón a cargo de Baruk Domínguez. Praza San Xoán

· 23.15h. Escola de Teatro de Vilalba. Meigas. Praza San Xoán

· 23.30h. Acendido de fogueiras. Praza San Xoán

· 00.10h. Concerto de Superglue (versións pop dos anos noventa). Praza San Xoán

· A Fonte de Merlán encargarase da animación nas prazas

* Pregan á xente que vaia ambientada con toques florais aos actos. Ademais, en caso de chuvia, os actos programados na Praza de Santa María celebraranse na Praza da Constitución.

GUITIRIZ

· Dende pola mañá: feira de artesanía na rúa Deputación

· 13.00h. Misa solemne e sesión vermú coa orquestra Compostela

· 18.00h. Festa Infantil

· 21.00h. Sardiñada no recinto feiral

· Verbena coa orquestra Compostela e fogata de San Xoán

BECERREÁ

· 21.20h. Chupinazo comezo das festas

· 21.30h. Pregón a cargo de Xulio Teixeiro, profesor do IES Becerreá

· 22.00h. Escola de Acordeóns de Becerreá. Praza da festa

· 00.00h. Verbena coa orquestra La Ocaband

ANTAS DE ULLA

· 21.00h. Cea popular no entorno do colexio: pan, liscos, sardiñas e empanada por 7 euros

· 22.00h. Concerto da Banda de Antas de Ulla, co espectáculo «Gallaecia», coa colaboración de Efraím Díaz, Coral Polifónica Sons do Farelo, Asociación Cultural Fiadeira e Davide Salvado

· 23.30h. Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

· 00.00h. Fogueira e queimada

· Ao remate: foliada libre

MEIRA

· 20.00h. Sardiñada e torresmada. Animación cun grupo musical. Praza Maior

CASTRO DE REI

· Festas en Castro de Ribeiras de Lea. Misa solemne (13.30h) con procesión e sesión vermú a cargo de Emperadores

ABADÍN

· Festas en Villarente. Misa solemne (13.30h), procesión e sesión vermú co grupo Fénix

VIVEIRO (Covas)

· 14.00h. Sesión vermú coa orquestra Saudade

· 22.30h. Verbena coas orquestras Saudade e Tango

· 00.00h. Gran Lumeirada

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Concertos, fogueiras e sardiñas na noite máis máxica do ano