Sarria prepárase para catro días de festas

SARRIA

Gin Toni's
Gin Toni's ALBERTO LÓPEZ

O San Xoán celebrarase do 21 ao 24 con moita música

08 jun 2019 . Actualizado a las 18:11 h.

Do 21 ao 24 • Sarria • 

Todo listo para as festas do San Xoán de Sarria, que se celebrarán entre os días 21 e 25 deste mes. O Concello deu a coñecer esta semana o programa dos festexos:

VENRES 21

· 20.30h. Pregón no Concello a cargo da Asociación Española Contra o Cancro.

Actuacións da Coral do Concello de Sarria, Banda Municipal de Sarria, Asociación Peleriños, Meigas e Trasgos e desfile das Pampónigas na Praza da Constitución.

· 22.00h. Festival «Festisar 2019» na Praza da Vila, cos grupos Flying Boogalos, Acapulco 94, Gin Toni`s e The Clansmen

· 23.00h. Verbena coas orquestras Enigma e Ritmo Joven na rúa Diego Pazos.

SÁBADO 22

· 10.00h. X Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Sarria no Estadio Municipal de Ribela.

· 12.00h. Esmorga Dirt na Praza da Vila: parques de Skate e Parkour para impartir obradoiros, mostra de produtos locais para xantar ou degustar, sesión vermú con varios grupos de rock, exhibición de Flatlance BMX, concurso de saltos e best trick, espectáculo do campión do mundo de beatbox, Grison Beatbox, e concertos nocturnos de Dios Ke te Crew e Novedades Carmiña.

· 19.00h. Baixada dende o Cárcere das Pampónigas, gaiteiros e danzantes de Peleriños.

· 22.00h. Cea Americana na Sociedad Recreativa La Unión, co grupo Tania Veiras.

· 23.00h. Verbena con D`moda e Salsarena. Diego Pazos

DOMINGO 23

· 10.00h. X Torneo internacional de fútbol de veteranos Vila de Sarria. Estadio Municipal de Ribela

· 13.00h. Sesión vermú con Malditos Roedores e varios grupos na Praza da Vila.

· 19.00h. Batucada Rúa da Música polas rúas de Sarria.

· 22.00h. XLIX Queimada Popular, con iscos e chourizos. Acendido da fogueira de San Xoán, no Campo da Feira.

· 22.00h. Actuacións de Os Eoas e Xosé Lois Romero & Aliboria. Campo da Feira.

· 00.00h. Verbena con París de Noia en Diego Pazos.

LUNS 24

· 11.25h. Repenique de campás na igrexa de Santa Mariña.

· 11.30h. Recepción de autoridades na Casa do Concello.

· 12.00h. Misa maior na igrexa de Santa Mariña, cantada pola coral do Concello

· 12.45h. Procesión

· 13.00h. En La Unión, sesión vermú con Meigas e Trasgos, Young Murajazz Big Band e Acordes (tamén ás 00.00).

· 13.30h. Banda Municipal de Sarria e Louband na Praza de Xoán María López.

· 20.00h. Louband no Malecón.

· 21.30h. Na Praza da Vila, espectáculo de humor O Recuncho da Comedia con Santi Rodríguez, Álex Clavero e Oswaldo Digon.

· 23.00h. Concerto de Treixadura na Praza da Vila.

· 23.00h. Verbena con Stéreo en Diego Pazos.

· 00.00h. Fogos de artificio.