Un día de descontos nos comercios de Móvete por Sarria

SARRIA

CARLOS CORTÉS

O colectivo entrega esta noite o seu premio anual a Jaime Capellá nunha cea á que asistirán oitenta persoas

16 may 2019 . Actualizado a las 19:27 h.

O grupo de comerciantes Móvete por Sarria entrega este xoves o seu premio anual nunha cea no Hotel Alfonso IX á que asistirán ao redor de oitenta persoas. O personaxe galardoado este ano é Jaime Capellá, presidente local da Cruz Vermella. Nesta víspera do Día das Letras, os nove establecementos que forman parte deste grupo ofreceron aos seus clientes descontos do 16% e agasallaron todas as compras cun marcapáxinas. Os establecementos que se sumaron a esta campaña engalanaron hoxe os seus escaparates con traxes tradicionais e ramos de xestas en flor. Eses comercios abren hoxe ata as dez da noite.

A deste ano é a terceira edición do premio Móvete por Sarria, promovido polos establecementos comerciais que se agruparon no 2013 para promocionar as súas respectivas ofertas e buscar novos mercados a través de Internet nunha páxina de Facebook que se chama igual que el premio.

O presidente da asemblea local da Cruz Vermella en Sarria, Jaime Capellá, é o personaxe homenaxeado esta vez. Os comerciantes de Móvete por Sarria elixírono polo seu traballo á fronte da agrupación local desta oenegué. Este grupo de comerciantes decidiron no 2017 pór en marcha este galardón anual con obxectivo de recoñecer o labor dos sarriaos que destaquen polo seu interese en divulgar as bondades desta localidad. Os establecementos de Móvete por Sarria son Xoiería Díaz, Senayo, Calzados Gayoso, Sarillo , perruquería Manuel Estilista, Óptica Malecón, Vilamey Complementos, Moncho Moda e Lar de Menchu.