Sarria celebra o sábado e o domingo a feira de antigüidades

La Voz LUGO / LA VOZ

SARRIA

lopez paz

Arredor de trinta expositores acudirán ao certame

28 mar 2019 . Actualizado a las 20:12 h.

Sarria celebra a Feira de Antigüidades e Restauración con case unha trintena de expositores enumerosas actividades paralelas. Os actos, no recinto da feira son os seguintes: 

· Demostración de elaboración de xoguetes. Sábado de 16.00 a 20.00h

· Exposición e demostración de traballos da Asociación Ceramolóxica Galega CANAVEIRA. Sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h. Exposición de pezas de cerámica tradicional de Samos e demostración de traballos.

· Espacio Joven San Lázaro. Sábado e domingo, de 11.00 a 20.00h. Espacio de interiorismo e promoción de produtos locais. Degustación de produtos gastronómicos.

· Exposición e demostración de traballos de talla en madeira da Asociación SARRICANTA. Sábado e domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h. Os alumnos do taller de talla en madeira expoñen os seus traballos mentres mostran a elaboración das pezas.

· Actuacións de danza e música folclórica. O sábado ás 18.00h a agrupación folclórica local da asociación Meigas e Trasgos ofrecerá unha actuación de danza e música tradicional galega. O domingo ás 18.00h a agrupación folclórica local de Peleriños ofrecerán unha actuación de danza e música tradicional.

Casa da Cultura

· Obradoiro para nen@s elaboración de antefaces venecianos e cabaliños de pau. Sábado, 17.00-20.00h.

· Contos animados. Domingo de 12.00 a 13.00h

· Obradoiro para nen@s de elaboración de cámara de fotos e marionetas xaponesas (koinobori). Domingo de 17.00 a 20.00h

· Exposición de Maquetas de Pedra Natural José Luis Arias López. Sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h

· Exposición de Figuras de Ferro de Francisco Vázquez Franco. Sábado domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00h a 20.00h.

· Exposición e demostración de Bollillos da Asociación de Palilleiras do Camiño de Santiago de Sarria. Sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h.

· Exposición de bordados. Sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h.