Sarria celebra a Escolma de Cinema Galego os días 22 e 23 de febreiro

SARRIA

TOÑO LOPEZ

Haberá proxeccións, conversas e un obradoiro

21 ene 2019 . Actualizado a las 10:46 h.

Días 22 e 23 de febreiro • Sarria • 

Sarria xa ten data para a cuarta edición da Escolma de Cinema Galego: os días 22 e 23 de febreiro. Ademais das proxeccións de filmes e as conversas cos cineastas, este ano ofertarán un obradoiro de creación audiovisual, que permitirá á rapazada da vila crear as súas propias pezas, que se exhibirán na Escolma.

A cita, organizada pola Concellería de Cultura de Sarria, xa se converteu nunha referencia cultural na provincia, co obxectivo de visibilizar a creación audiovisual contemporánea, ao tempo que diversifica e amplía a actividade cultural de Sarria.