Os «punkis de aldea» teñen unha cita o sábado en Sarria

SARRIA

O festival reunirá a unha ducia de grupos

06 dic 2018 . Actualizado a las 09:42 h.

Sábado 8 • Desde as 13.00 horas • Centro social Buril • Sarria • 6 euros (albergue e entrada: 15 euros) • 

A Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica Buril, de Sarria, co patrocinio de Mesón de Ana, organiza para este sábado o festival III Encontro de Punkis de Aldea-Tendendo Pontes.

 

No encontro actuarán os seguintes grupos, desde a sesión vermú ata a madrugada: Arremecághona monobanda (Vigo), Contenedor de Mierda (Vigo), Menestra de Defensa (Guadalajara), INOPIAH! (Vigo), O sudor do tractorista (Sarria), Bastardos de Rivera (Vimianzo), Sartenazo Cerebral (Asturias), Indargalega (Vigo), Os rosmons (Vigo), SIN EMU (Asturias), Bakarra (Vigo) e Rabuda (Vigo).

Ademais, haberá servicio de pulpería coa Pulpería María Valiña.