Sarria «entrégase» ao Camiño con tapas de caldo de lacón

As degustacións terán lugar hoxe tamén en Monterroso e Pedrafita do Cebreiro

Os itinerarios gastronómicos comezaron en Triacastela a pasada fin de semana
Os itinerarios gastronómicos comezaron en Triacastela a pasada fin de semana

Os Itinerarios Gastronómicos do Camiño Francés trasládanse hoxe a Sarria, que ofrecerá tapas de caldo de lacón. Esta iniciativa da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés empezou a pasada fin de semana en Triacastela e agora chega a varios establecementos da vila sarriá. O lema desta segunda edición é Con caldo, pan e viño, faise o Camiño, e irá rotando entre os distintos concellos da Mancomunidade, en cada un deles cun tipo de caldo diferente para degustar.

No caso de Sarria, participan os seguintes locais: Restaurante O Chanto, Dp Cristal, Hotel Alfonso IX, Cafetería Santiago, D’Orixen, Don Pepe, As de Picas, Cafetería Central, Casino e Camiño Francés. Nestes establecementos poderanse degustar ao mediodía e á noite tapas de caldo de lacón de porco celta con grelos e fabas.

Monterroso e O Cebreiro son os outros dous municipios onde hoxe se poderá degustar o caldo. En Monterroso servirase caldo de castañas ao mediodía e á noite nos bares e restaurantes da localidade. En canto ao Cebreiro, poderase degustar caldo de verzas na Casa da Cultura de Pedrafita a partir das 20.00 horas.

O sábado 24, a gastronomía do Camiño trasládase a Paradela, e o sábado 8 de decembro a Arzúa. O resto de municipios participantes aínda non teñen unha data confirmada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sarria «entrégase» ao Camiño con tapas de caldo de lacón