O San Martiño Caníbal ofrece música, circo e gastronomía

SARRIA

LÓPEZ PAZ

A cita terá lugar este sábado a partir das 13.00 horas en Louseiro (Sarria)

08 nov 2018 . Actualizado a las 09:40 h.

Sábado 10 • A partir das 13.00 horas • Campo da festa de Louseiro • Sarria • 

Volve á parroquia sarriá de Louseiro o tradicional festival San Martiño Caníbal, con música, gastronomía e ata circo. O programa foi presentado onte no Concello de Sarria. 

Os actos desta cita -que organiza a Asociación Cultural Os Gorriós, xunto co Concello- comezarán as 13.00 horas cunha misa, seguida de sesión vermú a partir das 13.30 horas, amenizada polos Gaiteiros de Goián e os Gorriós Gaiteiros. A continuación terá lugar o xantar, por 20 euros.

Os máis cativos e os nenos de máis idade poderán gozar pola tarde cun espectáculo de circo e clown a cargo de Rudi Dudi, «Rastafarudi».

Os concertos celebraranse a partir das 18.00 horas. Actuarán Louband, Zume de Miolo, Noel González, Olalla Losada e Nerea Iglesia.