Sarria ofrece contacontos, obradoiro creativo e un festival

SARRIA

Actividades para todos os públicos no Día das Letras

17 may 2018 . Actualizado a las 10:32 h.

Todo o día • Sarria • 

Continúan as actividades da Semana das Letras e a Lectura de Sarria, que organiza a concellería de Cultura da vila. Pola mañá haberá actividades para público familiar na Casa da Cultura, con entrada libre. Ás 11.30 haberá sesión de contacontos, A brétema, a cargo de Galwy, recomendado para nenos de 4 a 10 anos. A sesión está baseada na obra homónima de María Victoria Moreno.

Seguidamente, ás 12.30 horas, empezará o obradoiro creativo A brétema, tamén con Galwy, no que se realizará plástica creativa con goma EVA para recrear a historia da señora Minia, protagonista de A brétema.

Por outra banda, Sarricanta e a concellería de Cultura de Sarria organizan un Festival de Música, Teatro e Danza con motivo do Día das Letras Galegas. A cita terá lugar esta tarde, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Sarria. Nel actuarán Ritmolugo, Rebuldeira Teatro, Asociación Cultural Peleriños e o Coro Sarricanta.