Sarria espera uns 160 músicos o 17 de marzo na V Estremonía Cantada

SARRIA

LÓPEZ PAZ

Volven os Cantos de Taberna

28 feb 2018 . Actualizado a las 11:12 h.

Sábado 17 de marzo • A partir das 18.00 horas • Sarria • 

Sarria celebrará o sábado 17 de marzo a V Estremonía Cantada-Cantos de Taberna, organizada pola A.C. Peleriños, A.C. Os Gorriós e o Concello de Sarria. Segundo as previsións, participarán uns 160 músicos e cantadores -como o ano pasado-, que irán rotando polos dous circuítos das oito tabernas.

Os grupos que se queiran apuntar deberán ter un mínimo de dúas pezas cantadas (aínda que se admiten instrumentos), un máximo de dez participantes e cun repertorio preferiblemente tradicional. Os participantes están convidados a unha consumición en cada taberna (auga, viño do país ou cervexa) e á cea na Unión. Os interesados teñen que apuntarse antes do 10 de marzo no correo acpelerinos@gmail.com ou no teléfono 649 208 459 (Roberto).

Tamén haberá unha cea e fin de festa na Sociedade La Unión, onde os grupos tocarán unha peza cada un e disfrutarán da actuación de Cé Orquestra Pantasma.