Sarria reunirá este sábado o mellor cinema galego nunha mostra gratuíta

SARRIA

TOÑO LOPEZ

A Escolma inclúe proxeccións e concertos

20 feb 2018 . Actualizado a las 11:01 h.

Sábado 24 • Sociedade Recreativa La Unión e Casa da Cultura • Sarria • Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo •

Sarria celebrará este sábado a III Escolma de Cinema Galego, cun completo programa de proxeccións gratuítas. Trátase dunha mostra de filmes galegos recoñecidos internacionalmente, pero aos que aínda non tivera acceso o público da provincia. Despois dun día de proxeccións, a xornada rematará á noite cun concerto.

Segundo explican desde a organización, a Escolma naceu co obxectivo de «visibilizar a creación audiovisual contemporánea, ao tempo que diversifica e amplía a actividade cultural do concello de Sarria». A mostra está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Sarria.

O programa da Escolma foi presentado o luns na Casa da Cultura a cargo da concelleira de Cultura, Mónica López, e do director da mostra, Alberte Branco:

· 12.30h. La Unión. Curtametraxes M. Manuel Moldes (Pontevedra Suite 1983-1987), Quiasma, A Rapa das Bestas e Matria.

· Ao rematar. Conversa e vermú cos directores Ángel Santos, Jaione Camborda e Álvaro Gago, e máis co coreógrafo Javier Martín.

· 16.30h. Casa da Cultura. Paisaxes da Capelada.

· Ao rematar. Conversa co director, Alberto Lobelle.

· 18.15h. Casa da Cultura. Esquece Monelos.

· Ao rematar. Conversa coa directora, Ángeles Huerta, e máis con Marta Eiriz e Sepi Bazarra

· 20.15h. Casa da Cultura. Dhogs.

· Ao rematar. Conversa co director, Andrés Goteira, e máis cos produtores Sara Hortas e Adrián Folgueira.

· 23.30h. Sociedade Cultural La Unión. Peche co concerto de Oh! Ayatollah, unha das bandas máis prometedoras do panorama galego actual, e de Contenedor de mierda, a proposta punk comandada pola cineasta Anxos Fazáns.