Entrega de premios da campaña Merca de Gaña

La Voz

SARRIA

Máis de 40 premiados na iniciativa que promoveron a Deputación, o Concello e a Federación de Comercio

26 ene 2018 . Actualizado a las 22:05 h.

Deputación, Concello e Federación de Comercio entregaron este venres, nun acto que tivo lugar no Vello Cárcere, os premios da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha a Deputación coa colaboración da Federación e do Concello, no caso da capital, co obxectivo de incentivar as compras nos 5.500 establecementos que hai na provincia durante ditas datas. A campaña acadou uns beneficios de 1,6 millóns de euros, que son o valor das 27.000 compras rexistradas. Os tíckets das mesmas participaron no sorteo telemático do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200. Hoxe os premiados recolleron os seus premios, dun total de 10.000 euros, que poderán destinar unicamente a máis compras no comercio local da provincia de Lugo.

40 premiados

O sorteo dos premios de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os 27.000 tíckets con compras de 1,6 millóns de euros. Os veciños que resultaron gañadores son os seguintes: - Recibiron tarxetas de 300 euros: Rosario García Maseda, de Vilalba; Ana Pernas Cendán, de Vilalba; Marta López Rodríguez, de Lugo; Begoña López Silva, de Lugo; Amador Pardo, de Lugo; Isolina Rodríguez López, de Lugo; María Manteiga Valle, de Rábade; Jennifer Quiroga Cela, de Sarria; Ángel Gorgoso Belda, de Lugo; María Eugenia Fernández Touzón, de Lugo; Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria; José Ramón Irimia Souto, de Lourenzá; Fabio Jato Alonso, de Lugo; María Carmen Rivas Rodríguez, de Foz; Montse López, de Sarria; Mª del Carmen González González, de Covas en Viveiro; Silvia Dopazo Fernández, de Lugo; María Teresa Fernández Luaces, de Monforte; Germán Ramírez, de Chantada; María Fernández Torneiro, de Lugo.

Recibiron tarxetas de 200 euros: Patricia Vázquez Pena, de Viveiro; Pilar Arias Goyanes, de Sarria; Nerea Diéguez Porto, de Taboada; M. Nieves Cando López, de Burela; Cristina Fraga Novo, de Foz; Daniel Río Trigo, de Foz; Beatriz Irigoyen Vázquez, de Ribadeo; Susana Corbelle Gómez, de Lugo; Ana de Castro Rego, de Ribadeo; Cristina Otero Sanmiguel, de Guitiriz; Sonia Fernández Longarela, de Mondoñedo; Yasmina Díaz Rodríguez, de Sarria; Tamara Gayoso Felpeto, de Vilalba; Yolanda Lara Cruz, de Lugo; Miguel Ángel Doel Arias, de Lugo; Yolanda Maciñeiras Soengas, de Monforte; Dolores Nieto Milla, de Lugo; Anita Pérez Santín, de Becerreá; Antonio Souto Prieto, de Vilalba; e Marcos Cambeiro Vázquez, de Lugo.

Concurso de Escaparates de Nadal

Durante a entrega destes premios, tamén se coñeceron os 3 gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal, co que se busca pór en valor o traballo dos profesionais do sector do comercio. Participaron 23 establecementos da capital lucense, pois esta iniciativa partiu do Concello de Lugo e da Federación. Os galardoados son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus.