Convocado o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

La Voz

SARRIA

lopez paz

O prazo para presentar as obras remata o 21 de marzo

26 ene 2018 . Actualizado a las 10:15 h.

O Concello de Sarria, en colaboración coa Asociación Cultural Ergueitos convocaron o XVIII Premio 2018 de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos antes do 21 de marzo, enviándoos por correo certificado a XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Concello de Sarria, Rúa Maior, 14, 27600, Sarria.

As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega, cunha extensión mínima de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame. Establécese un único premio dotado de 6.000 euros. A obra premiada será propiedade do seu autor, agás a primeira edición, que será publicada pola Editorial Espiral Maior.