O Goberno da Deputación levou nun ano 675.000 euros a Samos para mellorar os seus servizos públicos

La Voz

SAMOS

Estanse a contratar os traballos de mellora dos camiños de Aián, Outonín, Nande, Estraxiz, de Estraxiz á Furela e de Guisalle á Igrexa de Suñide, que beneficiarán directamente a máis de 100 veciños

30 oct 2017 . Actualizado a las 09:22 h.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, informaron en datas pasadas sobre o investimento de 675.000 euros, que achegou o Goberno Provincial aos máis de 1.300 veciños deste municipio nun ano para servizos públicos. O conxunto destes investimentos adicaronse ao impulso das infraestruturas, dos servizos socias e do emprego.

Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Samos 317.000 euros. O Presidente e o Alcalde supervisaron as melloras levadas a cabo polo Goberno da Deputación, con 48.000 euros, nos camiños de Sivil, Montán, Lourido, Lousada, Castroncán e Frollais. Os traballos consistiron na mellora do firme con formigón e zahorra, beneficiando aos máis de 100 veciños que viven nestas zonas do municipio.

Actualmente estase a reconstruír un muro de contención de mampostería no camiño de Chelo. Estes traballos, que contan cun investimento do organismo provincial de 22.000 euros, benefician ao conxunto de veciños deste núcleo poboacional.

Campos Conde anunciou que estanse a contratar os traballos de mellora dos camiños de Aián, Outonín, Nande, Estraxiz, de Estraxiz á Furela e de Guisalle á Igrexa de Suñide, que beneficiarán directamente aos máis de 100 veciños que viven nestes 6 núcleos poboacioanais. Estas actuacións no Concello de Samos contan cun investimento do Goberno da Deputación de 146.000 euros. Ademais, nas vindeiras semanas comezarán os traballos, de 101.000 euros, de mellora dos accesos viarios de Portela, Nande, Carqueixeda, Lamas, Santa Mariña, Teivelle e Santalla de Abaixo, Manxar e Toca. Estas obras repercuten directamente en todos os veciños de Samos, xa que estes viais son os máis utilizados polos 1.300 habitantes da vila.

Atención a 37 maiores

Campos Conde e Gallego Moure supervisaron as vivendas comunitarias e apartamentos tutelados, que o Goberno da Deputación decide financiar con 70.000 euros para o seu mantemento. As instalacións contan con 5 pisos. Na planta baixa está situada a cociña; na seguinte, están os espazos comúns, como o comedor ou a sala de lectura e televisión, así como os servizos de lavandería e oficinas. Nas plantas superiores abícanse as habitacións con baños.

O Presidente da Deputación lembrou que «dende o Goberno Provincial asumimos este servizo social no Concello de Samos aínda que as competencias son da Xunta de Galicia. Con este investimento, atendemos aos 17 maiores que viven nestes pisos e xeramos máis emprego, pois están a traballar 6 profesionais que cobren as necesidades destes usuarios».

O Executivo Provincial destinou nun ano outros 28.000 euros á prestación do Servizo de Axuda a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gratuíta en Samos, xerando 45 prazas. Actualmente, o Goberno da Deputación ofrece estes servizos a 20 maiores deste municipio, aos que non atende a Xunta, a través da contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 1.000 horas de atención, á espera de posibles altas. En total, co Servizo de Axuda a Domicilio para non dependentes, a Teleasistencia gratuíta, e as vivendas comunitarias e apartamentos tutelados, o Executivo da Deputación atende a 40 maiores do Concello de Samos.

Melloras de 90.000 euros na LU-P-5601

O Goberno da Deputación decidiu financiar con 90.000 euros o arranxo de 1,4 quilómetros da LU-P-5601. Os traballos consistirán na mellora deste tramo con aglomerado en quente do firme, limpeza de cunetas e sinalización horizontal e vertical. Estas actuacións son moi importantes para os veciños de Samos pois conecta coa aldea de Freixe, na que viven máis de 50 veciños do municipio samonés.

Máis melloras en dotacións públicas

O Goberno da Deputación achegou 45.000 euros durante un ano a melloras en dotacións públicas de Samos. Foron 20.000 euros para a instalación de 74 puntos de luz LED nas parroquias de Aían e Castroncan, beneficiando directamente aos preto de 80 veciños que viven nestas zonas. Estes traballos supoñen un aforro de máis de 1.000 para o Concello cada ano. Outros 3.800 euros, para a adquisición de equipos informáticos para a Biblioteca municipal e a Asociación de Comerciantes e artesáns de Samos.

Nas vindeiras semanas comezarán as obras de reparación do depósito de auga en Zoo, con outros 19.000 euros do Executivo Provincial, cos que se dará resposta ás necesidades dos 30 veciños que viven nesta parroquia de Samos.

8 empregos nun ano

O Goberno da Deputación investiu en Samos 105.000 euros, cos que se xeraron un total de 8 novos postos de traballo: 3 no 2016 e 5 este ano. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego, co que o Executivo Provincial asume os custos laborais de novos profesionais para traballar en empresas da zona e no propio Concello, reforzando os servizos públicos municipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratáronse 3 peóns de servizos múltiples.

Dinamización cultural, turística e deportiva

O Goberno da Deputación achegou a Samos durante un ano 22.000 euros á celebración de actividades culturais e deportivas, así como eventos turísticos. Este orzamento permitiu organizar a Feira de artesanía, a Feira Gandeira, promocionar o deporte a través de cursos de natación nas piscinas municipais, contratar unha guía na Abadía de Samos, e a celebración de diferentes actuacións musicais e teatrais, entre outros moitos eventos ao longo do ano.