A Deputación levou nun ano máis de 600.000 euros a Riotorto para mellorar servizos públicos

O goberno provincial ofrece 70 prazas de SAF para non dependentes e a teleasistencia gratuíta a persoas non dependentes que a Xunta non atende


O Goberno da Deputación investiu 619.000 euros nun ano na mellora da calidade de vida dos 1.300 veciños de Riotorto. Así o informou o Presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, durante unha visita ao municipio en datas pasadas, na que estivo acompañado polo Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González. Campos Conde explicou que con este investimento acondicionáronse múltiples vías en núcleos rurais, dotouse de alumeado público a varías rúas, prestóuselle atención profesional a ducias de maiores e xeráronse máis dunha decena de novos empregos.

O Goberno da Deputación achegou 188.000 euros durante un ano a melloras en dotacións públicas de Riotorto. Foron 80.000 euros á adquisición dun novo camión de recollida de lixo, que comparten os Concellos de Riotorto e Meira. Este servizo público leva funcionando dende principios de ano, beneficiando aos máis de 3.000 veciños destes 2 Concellos da Terra Chá. Foron outros 62.000 euros para a rehabilitación da Área Recreativa da Ferreira Vella. Os traballos consistiron na dotación de calefacción e novo mobiliario, como cociñas, mesas ou cadeiras, entre outras. O Executivo Provincial destinou 17.500 á instalación de 20 puntos de luz LED na parroquia de Santa Marta e á substitución da carpintería existente do edificio da área recreativa no Mazo da fraga de Ferreiravella.

Foron 176.000 euros os investidos polo Goberno da Deputación durante un ano para mellorar os accesos da maioría dos núcleos rurais do Concello de Riotorto. Ademáis investiu en Riotorto 144.000 euros, cos que se xeraron un total de 10 novos postos de traballo: 7 no 2016 e 3 este ano. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, pois o Executivo Provincial asume os custos laborais de novos profesionais para traballar en empresas da zona e no propio Concello, reforzando os servizos públicos municipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratáronse os servizos dun xardineiro e un peón forestal.

70 prazas de SAF e Teleasistencia

O Executivo Provincial destinou nun ano 44.000 euros á prestación do Servizo de Axuda a Domicilio para non dependentes e da Teleasistencia gratuíta en Riotorto, xerando 70 prazas. Actualmente, o Goberno da Deputación ofrece estes servizos a 34 maiores deste municipio, aos que non atende a Xunta, a través da contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 3.000 horas de atención, á espera de posibles altas.

Dinamización cultural, turística e deportiva

O Goberno da Deputación achegou a Riotorto durante un ano outros 63.000 euros á celebración de actividades culturais e deportivas, ademais de eventos turísticos. Este orzamento permitiu organizar a Feira de Artesanía do Ferro, promocionar o deporte base a través das Escolas Deportivas Municipais ou a celebración de diferentes actividades como os obradoiros de Nadal e varias actuacións teatrais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Deputación levou nun ano máis de 600.000 euros a Riotorto para mellorar servizos públicos