«Intentarei transmitir o que anunciou a alcaldesa: transparencia, cercanía e respecto institucional»

e.g.s. lugo / lA voz< / span>

RIBEIRA DE PIQUÍN

18 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde onte é o voceiro socialista do goberno local presidido por Lara Méndez. Miguel Fernández Méndez (Ribeira de Piquín, 1955) estréase como portavoz e tamén como concelleiro, pero non é un novato na asunción de responsabilidades de representación. Foi presidente do colexio de Enfermería durante 10 anos e tamén presidiu a asociación de pais de alumnos do colexio Sagrado Corazón. Este membro numerario da Academia Galega de Enfermería di que, como voceiro do goberno lucense, tentará «transmitir o que anunciou a alcaldesa no discurso de investidura: transparencia, cercanía, respecto institucional e man aberta a todos».

-¿Xa falou co anterior voceiro, con Luís Álvarez?

-Non, aínda non tiven tempo. Procurarei falar con el canto antes, porque entendo que deixa o listón moi alto, e seguro que me pode aconsellar moi ben.

-Supoño que seguirá convocando a rolda de prensa posterior ás reunións da xunta de goberno...

-Si, informaremos despois de cada reunión.

-Con outros cinco grupos na corporación vai ter moito traballo. ¿Que ton quere que dar ás súas intervencións?

-Pois o que espero que reflicta que somos xente de consenso e de talante negociador. Escaparei das descualificacións. Penso que no momento que vive a política é importante coidar as formas.

-¿Cal sería a información que lle gustaría comunicar aos lucenses?

-Hai varias, sen dúbida. Unha delas sería anunciar que mellora a creación de emprego no noso municipio, que diminúe o número de persoas en paro e que cada día hai menos veciños en risco de exclusión.