Cabodano con gaitas na honra de Xosé Manuel Seivane

RIBEIRA DE PIQUÍN

FÉLIX LUNA

Familiares e amigos lembraron en Ribeira de Piquín ao fundador do afamado obradoiro de gaitas

02 feb 2013 . Actualizado a las 22:10 h.

Familiares e veciños rendiron esta tarde tributo e cariño a Xosé Manuel Seivane Ricas, gaiteiro e fundador do obradoiro de Gaitas Seivane, falecido o 27 de xaneiro do pasado ano. O cabodano foi toda unha festa na honra do patriarca dunha familia moi apreciada en Galicia, e, en particular, no concello lucense de Ribeira de Piquín. Na parroquia de San Xurxo fóronse dando cita os asistentes á homenaxe. Durante a misa, houbo interpretación de varias pezas, así como logo á saída, diante da súa sepultura. «O persoal estivo activo ata o final do acto», sinalaron fontes que acudiron á cita.