Portomarín nomea as novas damas e cabaleiros da Festa da Augardente deste ano
PORTOMARÍN

O alcalde, Pablo Rivas, reuniuse este martes con excaldes e o portavoz do PSOE local para dar a coñecer o nome dos embaixadores desta edición, que se nomearán oficialmente o domingo 20 de abril
08 abr 2025 . Actualizado a las 21:27 h.O alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, reuniuse este martescos exalcaldes Eloy Rodríguez, Juan Carlos Serrano, a exalcaldesa Silvia Rodríguez e o portavoz do PSOE, Sergio Vázquez, para nomear aos Cabaleiros e Damas da Orde Serenísima da Alquitara. Serán os embaixadores da Festa da Augardente, que se celebrará o domingo de Semana Santa, é dicir, o 20 de abril, momentono que as novas damas e cabaleiros serán recibidos e ingresarán oficialmente na Orde.
Ademais, os asistentes a xuntanza expresaron o seu máis sentido pésame pola recente perda de Marcos Arias Rodríguez, membro da Orden da Alquitara, nomeado cabaleiro en anteriores ocasións que foi tamén portavoz do PSOE local.
Entre as propostas están diferentes figuras políticas da provincia, representantes de entidades sociais, veciños, empresarios ou adegueiros. Son: Miguel Ángel Santalices (presidente do Parlamento de Galicia), Sergio Vázquez e Víctor Manuel (concelleiros de Portomarín), Ángel Pérez (alcalde de Guntín), José Crespo Iglesias (alcalde de Lalín), Javier Vigo (guardia civil), Marcos Gayoso (ilusionista), Marisa Rivas, Manuel Jesús Rodríguez, Carmen Rodríguez (veciños de Portomarín), Manuel Pombo (organizador da Portomarín Beerfest), Jorge Manuel Rubal (Jefe da Policía Autonómica), Marina Lara López (Industrial de Lugo), José Manuel Rivas (adegueiro), Eulogio Rega (director escolar Mieres e Oviedo) e María del Carmen Romay Bellón (veciña de Lugo).