A Deputacion inviste 163.000 euros para melloras en infraestruturas de Portomarín

La Voz

PORTOMARÍN

O goberno provincial destinou 120.000 euros para a creación de 9 novos postos de traballo

28 dic 2017 . Actualizado a las 10:08 h.

Os 1.500 veciños do Concello de Portomarín recibiron un investimento do Goberno da Deputación por valor de case 500.000 euros para mellorar a calidade de vida no rural. Son 163.000 euros dirixidos á mellora en infraestruturas de dito concello lucense como melloras en alumeado e accesos a núcleos rurais.

Sobre a xeración de emprego:  O Goberno Provincial inxectou en Portomarín 120.000 euros cos que se contrataron un total de 9 lucenses en paro. Dito investimento procede dos programas provinciais postos en marcha polo Executivo para impulsar a contratación de desempregados da provincia. Con estes fondos, contratáronse, por exemplo, peóns de obras e xardiñeiro

Servizos Sociais. Dentro da aposta do Goberno por unha Deputación social, rural e coas persoas, o Executivo Provincial destina case 46.000 euros á atención de 24 maiores do Concello Portomarín que a Xunta de Galicia non atende. Faino a través do Servizo de axuda no fogar a persoas non dependentes e da Teleasistencia gratuíta.

Mellora de Infraestruturas: Son uns 230.000 euros os que o Goberno da Deputación investiu en dito municipio para mellorar infraestruturas públicas como o camiño de Castro Lazaró; ou accesos a Pousada, Soengas de abaixo e Recelle.

Turismo, cultura e deporte. Co fin de dinamizar a vida turística, cultural e deportiva do municipio, o Goberno da Deputación investiu preto de 25.000 euros cos que financiar actividades no Concello.  coas que se busca ofrecer servizos básicos aos veciños, como poden ser os deportivos, ao tempo que xerar riqueza. Con dito orzamento, fináncianse gastos dos Domingos Folclóricos; Carreira popular a carón do Río ou iniciativas de lecer e tempo libre da infancia.