Música tradicional para festexar o verán en Portomarín

PORTOMARÍN

Un espectáculo teatral e musical abrirá a programación dos Domingos Folclóricos este sábado

01 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Portomarín celebra, un ano máis, os Domingos Folclóricos, unha iniciativa cultural e turística que nesta ocasión chega á súa 49 edición. A programación foi presentada onte na Deputación de Lugo polo alcalde de Portomarín, Juan Serrano, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto.

Programación

As actividades comezan este mesmo sábado día 5, co espectáculo musical e teatral O Gaiteiro Bucólico, a cargo da Compañía Yázabro. Terá lugar ás 19.00 horas.

A partir desta xornada, as actuacións terán lugar os catro domingos do mes de agosto, na Praza Condes de Fenosa, a partir das 19.00 horas. A programación é a seguinte: