A Deputación desinfecta as residencias de maiores

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

POL

Exterior de la residencia de mayores de Pol
Exterior de la residencia de mayores de Pol CARLOS CASTRO

O servizo de prevención e defensa contra incendios forestais desinfectou 63 centros de saúde e centros de maiores da provincia en 45 concellos

30 mar 2020 . Actualizado a las 16:31 h.

Este luns comezaron os traballos de limpeza e desinfección con carácter preventivo que se realizan nos catro centros de atención a maiores da Deputación de Lugo, situados nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada. «Con esta medida, que está por riba dos propios protocolos establecidos polas autoridades sanitarias contra o Covid-19 neste tipo de instalacións, a Deputación segue extremando as precaucións para minimizar o risco de contaxio nas residencias, tanto das persoas maiores usuarias como dos profesionais que os atenden», sinalou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.

As labores de desinfección desenvolveranse durante, cando menos, permaneza o estado de alarma. Cada un dos centros limparase dúas veces á semana e os traballos faranse de forma exhaustiva «tanto no interior como no exterior dos edificios coa finalidade de cubrir todas as zonas coas que a diario tanto os usuarios e usuarias como o persoal dos centros teñen contacto», subliña o deputado socialista.

A empresa pública Tragsa, medio propio da Deputación dende finais do pasado ano,encárgase dos traballos de limpeza e que se realizarán con persoal formado e cualificado na utilización de produtos químicos autorizados polo Ministerio de Sanidade. Rivera explica que «é fundamental protexer ás persoas maiores, xa que son as máisvulner ables xunto ás que padecen patoloxías previas, fronte a esta pandemia do coronavirus Covid-19. Por iso, a limpeza e a desinfección destes centros é moi importante para poder previr posibles contaxios».

TRAGSA DESINFECTA LA RESIDENCIA DE POL
TRAGSA DESINFECTA LA RESIDENCIA DE POL

Dende antes de que se decretara o Estado de Alarma, os catro centros de atención a maiores da Deputación teñen implantado un protocolo específico de medidas contra o Covid-19 elaborado por persoal técnico da área de Promoción Económica e Social, baseado e en cumprimento da normativa, instrucións, protocolos ou guías publicadas polas autoridades competentes. Entre esas medidas, atópase a prohibición de visitas de amigos e familiares, e tamén o reforzo do servizo de limpeza, prestando especial atención ás zonas de acceso e saída dos sectores de illamento, escaleiras, portas, ascensores, zonas de deambulación, entre outras, para reducir o risco de transmisión do coronavirus.

Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais

Por outra parte,  a Xunta de Galicia, a través dos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF), desinfectou 63 centros de saúde e residencias en 45 concellos da provincia de Lugo na súa primeira semana de colaboración no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus.

Durante a xornada deste luns, traballarán na contorna dos centros de saúde e de maiores de dez concellos lucenses: Muras, A Pastoriza, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Baleira, Rábade, Castroverde, O Corgo e Friol, desinfectando unha quincena de espazos públicos.

Os axentes ambientais e bombeiros forestais que participan na iniciativa fano de  xeitototalmente voluntario durante as súas quendas de traballo, sinalan desde a Xunta Estas funcións adicionais nonimpi den que quede garantida en todo momento a súa función principal e primordial, que é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar.

Os axentes ambientais e bombeiros forestais que participan na iniciativa fano de xeito totalmente voluntario durante as súas quendas de traballo. Estas funcións adicionais non impiden que quede garantida en todo momento a súa función principal e primordial, que é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar.