Presume de pobo con Rural Discovery

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

POL

<span lang= gl >Mensaxes nas árbores</span>. Na presentación desta mañá en Penas de Rodas haberá 48 momentos da vida de Manuel María, recollidos polo artista Martínez Coello. Está previsto que asista o presidente da Xunta e a viúva do poeta.
Mensaxes nas árbores. Na presentación desta mañá en Penas de Rodas haberá 48 momentos da vida de Manuel María, recollidos polo artista Martínez Coello. Está previsto que asista o presidente da Xunta e a viúva do poeta. óscar cela

Hoxe preséntase en Penas de Rodas este proxecto que busca visibilizar as aldeas

17 may 2016 . Actualizado a las 10:29 h.

Esta maña en Penas de Rodas, lugar mítico na obra e na vida de Manuel María, preséntase en sociedade un proxecto que xa leva uns meses en marcha por diferentes concellos da provincia pero que non fora visibilizado para o gran público. Trátase de «Presume de Pueblo», unha iniciativa que levan a cabo varias persoas que se achegan polas aldeas lucenses a través da Rural Discovery, unha unidade móbil equipada coas últimas tecnoloxías (drones, impresións en 3D, photocall, video dixital). «O potencial está na xente, porque hai unha necesidade creada, pero fai falla unha ferramenta útil» , sinalan o impulsores deste proxecto ambicioso pero con obxectivos claros, «poñer en valor o bo que sempre houbo en Galicia, darlles oportunidade aos pequenos empresarios a vender os seus produtos ou que unha señora dunha aldea que fai unhas galletas de noces riquísimas poda vender a súa produción nun mercado de Bilbao».

Experiencia que se perde

Un dos traballos que fan en cada pobo ao que se achegan é unha biografía de cada veciño e unha historia visual da aldea, que inclúe reconstrución de como foi nos tempos máis glorioso. «Os maiores teñen unha experiencia que se está a perder co tempo e ademais apenas se gardan esas historias en Internet, por iso recollemos nun caderno como eran as feiras, os domingos, os días de caza ou a receitas dese lugar» . Esta reconstrución virtual e literaria dos pobos tamén chegará aos emigrantes que marcharon durante décadas, non só a través de Internet, senón por medio de exposicións en centros galegos e coa venta dos libros. «Os cartos que se recaden serán destinados onde decidan os veciños, que pode ser para recuperar as festas, rehabilitar a igrexa ou formación, eles deciden».  

Receitas lucenses

Rural Discovery ten tamén como finalidade pór en relación aos pequenos empresarios e veciños que elaboran produtos con gran valor pero que non teñen saídas comerciais, en moitos casos son para autoconsumo. «Sabemos de xente que fai mel e que a vende a 6 euros, pero que en mercados nacionais se poden vender a 20 euros cun mellor envasado, co cal o produtor pode ganar polo seu traballo. Outro exemplo no que traballarán será na hostalería, aportando as receitas que moitas cociñas lucenses gardan. «Hai pratos máxicos en moitas casas e por que non se poden levar a casas de turismo rural ou restaurante da comarca.

Quince persoas traballando

Outra faceta paralela que destacan os responsables do proxecto é o emprego que xeran para desenvolvelo, xa que traballan máis de 15 persoas na elaboración de todos os materiais.

De momento, Rural Discovery xa se puido ver por numerosos lugares da provincia, como recentemente na feira de Pol, ou estas últimas semanas no Courel, en concreto na zona de Samos. A idea xa leva tempo funcionando no País Vasco, e xa comezou a extenderse a algúns pobos de Asturias e Castela e León. Están a desenvolver a páxina web e as redes sociais para visibilizar máis o proxecto e para que os veciños dos pobos podan ver o traballo que realizaron. Pódese contactar con eles a través do correo electrónico info@presumedepueblo.com.