Os usuarios das residencias da Deputación de Lugo fan os itinerarios do Camiño de Santiago que transcurren pola provincia

la voz LUGO

PEDRAFITA DO CEBREIRO

Os Centros de Atención a Maiores fan os itinerarios do Camiño de Santiago que transcorren pola provincia
Os Centros de Atención a Maiores fan os itinerarios do Camiño de Santiago que transcorren pola provincia

É unha actividades que realizan nos propios centros para mellorar a súa saúde física

03 oct 2021 . Actualizado a las 20:11 h.

Os usuarios e usuarias dos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo, situados en Ribadeo, Trabada, Pol, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada e Castroverde, percorren estes días os itinerarios do Camiño de Santiago que transcorren pola provincia sen saír dos recintos das residencias.

Esta actividade, ademais de servir para mellorar a súa saúde física ao favorecer o exercicio, tamén ten como fin contribuír ao seu benestar emocional, afianzar as relacións sociais e o traballo en equipo, coñecer os Camiños da provincia e romper as rutinas do día a día cunha actividade na que a vitalidade e a enerxía son fundamentais.

As residencias de Trabada e Ribadeo realizan o Camiño Norte, as de Pedrafita do Cebreiro e Pol o Camiño Francés, e as da Fonsagrada e Castroverde o Camiño Primitivo. En cada centro instalouse un panel no que figuran as etapas e un contaquilómetros que vai reflexando os progresos e quilómetros avanzados. Os quilómetros vanse sumando a través dos percorridos que marca cada unha das residencias a través de podómetros e de indicativos que lles amosan o que significa cada treito superado.