Enrique Fernández, presidente do Consello Regulador: «A produción do Queixo do Cebreiro ten saída porque hai máis demanda que oferta»

Pedrafita celebra o venres 19 a Feira do Queixo do Cebreiro con cen postos e máis de 3.000 queixos


Enrique Fernández Paradela é o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo do Cebreiro, un dos organismos organizadores da XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebra o venres 19 en Pedrafita. Alí poranse á venda máis de 3.000 pezas de queixos, ademais de outros produtos tradicionais nos case cen postos que abrirán ás 9.30 horas. Participarán as queixerías Castelo de Brañas, Quesos Santo André, Queixos Marqués de Cernadas, Queixo Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos. Tamén haberá pasarrúas da Charanga Dende Galicia Tocando DGT (11.00h), baile rexional da Asociación Cultural Xistra (12.00h), pregón de Manuel Lolo Aira, CEO de AMSlab (13.00h) e comida oficial (14.00h).

Fernández Paradela anima a todo o mundo a «vir á feira e a gozar do queixo e da paisaxe. Pero tamén quero pedirlles aos consumidores que merquen o auténtico Queixo do Cebreiro, algo que se recoñece pola forma, pola etiqueta do elaborador e pola contraetiqueta co logotipo da DOP e un número».

-Que supón para o queixo do Cebreiro contar coa DOP?

-En 1991 logrouse a denominación de Produto Galego de Calidade, en 1999 a Denominación de Orixe e no 2008, a Denominación de Orixe Protexida. Entón supuxo o recoñecemento a unha loita dun grupo de xente que non quixo que este produto desaparecese. Supón un prestixio unido a esa historia e aporta ao consumidor unha garantía de calidade e trazabilidade.

-Cal é o volume da produción?

-A produción é de 43.900 quilos de queixo, dos cales 3.100 son de queixo do Cebreiro curado.

-Está previsto que aumente o número de produtores?

-Na actualidade hai catro, pero probablemente aumenten. Hai que dicirlles aos produtores que se animen, xa que a produción do queixo do Cebreiro ten saída porque hai máis demanda que oferta, é unha boa oportunidade para que saquen proveito aqueles que teñan gandería. Para iso, hai que cumprir unhas condicións de calidade, trazabilidade e seguridade alimentaria, utilizar o callo de orixe animal, respectar a tradición e estar situado en Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara ou Samos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Enrique Fernández, presidente do Consello Regulador: «A produción do Queixo do Cebreiro ten saída porque hai máis demanda que oferta»