A Feira do Queixo do Cebreiro porá á venda máis de 3.000 queixos

A cita terá lugar este venres e contará cun cento de postos


Pedrafita do Cebreiro volverá celebrar, como cada Semana Santa, a XXXIII Feira do Queixo do Cebreiro. Será este venres, nunha cita na que participarán cerca dun cento de postos e na que se porán á venda máis de 3.000 queixos, ademais doutros produtos tradicionais ou de indicación xeográfica protexida. A programación foi presentada pola deputada de Cultura, Pilar García Porto; xunto ao alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, Enrique Fernández Paradela.

A feira comezará este venres a partir das 09.30 horas, na que participarán as queixerías acollidas ao Consello Regulador: Castelo de Brañas, Quesos Santo André, Queixos Marqués de Cernadas, Queixo Fonchave e Gran Despensa Abadía de Samos, porán á venta os seus deliciosos queixos. Os asistentes a esta xornada tamén poderán adquirir outros produtos elaborados de forma artesá como mel, viño, pan, empanadas, produtos da horta, repostería, embutidos, licores, pezas de artesanía como coitelos, pezas de coiro, madeira ou cerámica. A partir das 11.00 horas haberá pasarrúas da man da Charanga DGT e ás 12.00 horas a actuación da Asociación Cultural Xistra. Ás 13.00 horas terá lugar o pregón, que correrá a cargo de Manuel Lolo Aira, CEO de AMSlab, que dará paso, unha hora máis tarde, ao comezo da comida oficial da festa.

O queixo do Cebreiro está elaborado con leite de vacún, sen conservantes nin produtos engadidos. A súa de zona de produción comprende os concellos de Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Feira do Queixo do Cebreiro porá á venda máis de 3.000 queixos