«A maioría absoluta está difícil, pero imos loitar por ela: temos partido e proxectos»

Enrique Gómez Souto
enrique g. souto LUGO / LA VOZ

PEDRAFITA DO CEBREIRO

ALBERTO LÓPEZ

Carballo di que as críticas que lle dedicou estes días o PSOE demostran que hai nerviosismo nese partido

15 sep 2018 . Actualizado a las 12:56 h.

Ten o xesto adusto, pero é de risa fácil. É home tranquilo, sereno, que gusta de meditar con calma as decisións; cando resposta, nótase que xa lle deu moitas voltas antes. A Ramón Carballo Páez (1960, Seixo-Pedrafita do Cebreiro), ex subdelegado do Goberno, levoulle tempo decidirse a aceptar o papel de candidato a alcaldía de Lugo polo seu partido, o PPdeG. Onte avalou a súa candidatura o presidente Alberto Núñez Feijoo, mentres desde as filas socialistas empezaban a choverlle as primeiras críticas. «Supoño que será un xeito de darme a benvida.... ou algo de nerviosismo», di Carballo. Nos primeiros metros da larga carreira cara as eleccións do próximo mes de maio, o candidato sinala con rotundidade: «Hoxe, as maiorías absolutas no están fáciles, pero nós imos loitar por ela, temos partido, estrutura e proxectos».

-Levoulle tempo decidirse e anunciar a súa candidatura...

-Todo ten o seu momento. Sempre dixen que diría qué ía facer no momento que procedese facelo, segundo os tempos do partido. E chegou o día. É un paso que levaba meditando moito tempo e que dou con moita ilusión e con moitas ganas, e nun bo momento para o partido tanto no ámbito local como no provincial. No partido pedíronme, nos trinta anos que levo afiliado, que asumira distintas responsabilidades e asuminas con total dedicación. E neste caso, teño moitas ganas de poder dar a esta cidade o estímulo que necesita.

-En canto anunciou a súa candidatura, empezaron a choverlle críticas desde o PSOE. E mañá [por hoxe] reúnese en Lugo a comisión executiva do PSdeG...

- Supoño que será un xeito de darme a benvida.... ou algo de nerviosismo. E sobre as críticas polos proxectos para o barrio da Residencia hai que dicir que é a máis grande investimento programado en Lugo despois da construción do HULA. A Xunta segue adiante con eses proxectos, e os socialistas o que deben facer é tramitar as licenzas con rapidez e dicirlle ao Goberno que saque adiante a Comisaría de Policía proxectada polo anterior executivo.

-Cal é o seu diagnóstico do estado do municipio?

-O primeiro que quero dicir é que Lugo no é só a capital, a cidade; son tamén as 54 parroquias do municipio, e hai que atendelas igual que á cidade. O meu proxecto para Lugo non esquece á zona rural, que si ten esquecida o PSOE. A imaxe de Lugo está deteriorada: limpeza deficiente, infraestruturas con déficit de mantemento, intervencións en materia de mobilidade carentes dun fío condutor, transporte público deficiente. A xestión municipal nos últimos anos, desde a chegada da alcaldesa por sorpresa, foi un despropósito. O da ORA é moi significativo: suprimiuse sen dar alternativas e agora hai coches aparcados días e días na mesma praza na mesma rúa.

-Como ve a ao Concello como institución, os seus servizos?

-Nos últimos 20 anos non se fixo nada por promover unha verdadeira Relación de Postos de Traballo (RPT) e hoxe hai moitos servizos básicos practicamente desmontados que é preciso poñer a funcionar. E hai que dicir que os funcionarios non son culpables desta situación; a responsabilidade é de quen non soubo organizar. No caso da Policía Local hai que actualizar a plantilla e ten que verse na rúa e maioritariamente a pé. A Policía Local é fundamental para o tráfico, pero tamén para a seguridade cidadá.

Núñez Feijoo: «Trátase de alcanzar unha gran victoria para que ninguén nos prive de gobernar»

El presidente del PPdeG y de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, avaló ayer la presentación del candidato a la alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, en un acto celebrado en el hotel Méndez Núñez. Dijo que si en el Concello estuviese gobernando Orozco, el PP tendría que proponer un cambio; como quien gobierna, señaló, no hizo nada desde el principio del mandato, los populares tienen que hacer propuestas para partir de la casilla de 2015 (anteriores elecciones locales). Feijoo aseguró que Carballo fue el candidato desde el principio y lo es «porque o partido llo pediu». Admitió que «non foi sinxelo que tomase a decisión, porque está máis acostumado a traballar que a mostrarse». Auguró al aspirante: «Vencerás e gobernarás exercendo como a ti che gusta: como un veciño máis». Se mostró convencido de que no hay ni un lucense que sea capaz de señalar tres grandes logros del actual gobierno local. También le dijo al candidato: «Trátase de alcanzar unha gran vitoria en Lugo, de gañar para que ninguén nos poida privar de gobernar».

Por su parte, la presidenta provincial del partido, Elena Candia, a la vista del alto número de asistentes, apuntó que seguramente es un adelanto del resultado electoral. Del PSOE dijo que ya no es lo que fue y hoy, como se demuestra en el Concello y la Diputación, desconoce el valor de las instituciones y el significado de la lealtad institucional. Ayer, manifestó, dieron el primer paso para apartar al PSOE del gobierno lucense, en el que lleva casi 20 años.

«Na lista haberá 25 persoas con amor por Lugo e dispostas a sacar ao concello do atranco no que está»

O candidato do PP á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, di que na lista que encabezará nas eleccións do próximo mes de maio «haberá 25 persoas con amor por Lugo e dispostas a sacar ao municipio do atranco no que está, en que o ten metido esta alcaldesa».

-Renovación ou continuísmo?

-Teño nomes, ideas, pero a lista farase e presentarase no seu momento. A ninguén lle vai estrañar: haberá xente con experiencia e xente sen ela. Todos dispostos a implicarse a fondo para sacar á cidade desta parálise. Será xente moi comprometida con Lugo.

-Supoño que está preparando o programa...

-Será un programa realista, para mellorar o que é preciso mellorar. Hai algúns aspectos esenciais: limpeza, xardíns e mantemento adecuado das infraestruturas; hai que deseñar un plan de mobilidade e cambiar a fondo o servizo de buses urbanos. E hai que facer un verdadeiro fomento do turismo; a capital ten que atraer os visitantes que se interesan pola Mariña ou pola Ribeira Sacra. E hai que mellorar a oferta aos turistas.

-E para o entorno da Muralla, qué prevé?

-A nosa Muralla é un monumento que envexan todas as cidades do mundo e hai que sacarlle rendemento. É preciso avanzar na apertura do paseo interior e na peonalización da ronda exterior.

-Como candidato, por onde vai empezar?

-Haberá reunións con todos os colectivos veciñais, culturais, deportivos, profesionais... Quero coñecer ás súas necesidades e perspectivas.