A Deputación acondiciona os accesos de Zanfoga e Pazos, en Pedrafita do Cebreiro

La Voz

PEDRAFITA DO CEBREIRO

Tamén contribúe con nova maquinaria para facer fronte aos temporais

17 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os 1.000 veciños de Pedrafita do Cebreiro beneficiáronse no último ano e medio dun investimento do Goberno da Deputación de 487.000 euros que contribuíron a dignificar a vida das persoas na Alta Montaña, como por exemplo coa adquisición dun tractor quitaneves e dúas rozadoras, así como melloras de accesos públicos no rural de Zanfoga e Pazos, beneficiando aos mais de 100 veciños que viven no rural. 

Sobre a xeración de emprego este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 112.000 euros, dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia. Con cargo a este programa Pedrafita mellorou as prestacións publicas municipais a través da contratación por exemplo de 3 peóns de servizos multiples.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación atende a 6 maiores da provincia con 730 euros a través dos servizo de Telesasistencia gratuíta do Goberno da Deputación. Ademais o organismo provincial financia con 57.000 euros o servizo de axuda de fogar, pois a Xunta non o fai.

Mellora de infraestruturas. Pedrafita do Cebreiro mellorou con 160.000 euros mellora de camiño así como acesos a varios núcleos rurais, como Zanfoga e Pacios.

Novas dotacións. O executivo provincial destinou 138.000 euros, con este investimento ademais da adquisición do tractor, mellorouse a rede de alumeado publico deste municipio da montaña.

Turismo. O executivo promove a dinamización turística e cultural do municipio con 13.000 euros que permitiu organizar unha nova edición da Feira do Queixo do Cebreiro, e outra do certame de gando vacún da vila.