O campo de fútbol de Paradela estrea céspede

A Deputación aportou 21.000 euros na mellora


A deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, acompañada do presidente da S.D Paradela, Roberto López, participou este domingo na inauguración das melloras no campo de fútbol municipal do Gandarón de Paradela  As obras financiadas polo organismo provincial con 21.000 euros incluíron a nivelación do solo, o levantamento e a sementa de novo céspede natural, así como a ampliación do sistema de rego. Son actuacións das que se beneficiarán os 50 xogadores que empregan este campo acotío.

Este campo, onde xoga de local a S.D. Paradela, composto por 24 xogadores que participan no grupo 9 da 3ª Autonómica. As instalacións tamén son usadas pola, Asociación de Veteranos de Paradela, fundado fai 5 anos e que milita na Primeira División Provincial, formado por outros 24 futbolistas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O campo de fútbol de Paradela estrea céspede